Endesa comunícanos suspensión da subministración de enerxía eléctrica

636
As Pontes, 13 de febreiro. Endesa Distribución Eléctrica, S.L, comunícanos “En cumprimento do art. 101.3 do RD 1955/2000 do 1 de decembro e con motivo de “Solicitude de traballos por terceiros” (Endesa Xeración Eléctrica) para mantemento das súas instalacións, a suspensión programada da subministración de enerxía eléctrica durante o día 16/02/2019 de 09:30 a 12:00 horas que afecta a 806 clientes situados no municipio de As Pontes de García Rodríguez, alimentados desde as instalacións que se relacionan a continuación:  
  • C.T. TAJ CH Ribeira
  • C.T. 15001 (Barreiro 1)
  • C.T. 15002 (Barreiro 2)
  • C.T. 15003 (A Fraga)
  • C.T. 15005 (Anguieiro)
  • C.T. 15006 (Magdalena 1)
  • C.T. 15007 (Magdalena 2)
  • C.T. 15008 (Xeriátrico) . (Instalarase Grupo Electróxeno para alimentación deste Centro de Transformación)

No caso de que os traballos terminasen antes da hora prevista renovarase o servizo sen previo aviso.