As Pontes, 9 de abril| Suprime o control chega aos colexios ponteses. Levaranse a cabo dúas charlas, unha o 23 de abril ás 17:00h no IES Castro da Uz, e a outra no IES Moncho Valcarce, o mesmo día ás 18:30h.

Un encontro coas familias en forma de charla sobre a problemática da violencia de xénero e as novas tecnoloxías. Falarase de pautas e ferramentas que permitan abordar as formas da violencia de xénero na adolescencia.