As Pontes, 2 de xuño| Unha delegación das Asociacións de Jóvenes Empesarios da Coruña e de Ferrol formada por 30 persoas coñeceu onte o proxecto “As Pontes Experiencia Industrial”. Tras unha reunión nas instalacións de SEARA no polígono de Penapurreira, onde foron recibidos pola directiva e membros das empresas asentadas no centro de iniciativas empresariais, o grupo recibiu unha recepción oficial no Concello das Pontes.

A continuación, os emprendedores visitaron a maior granxa de micromamíferos de España. En Xaraleira foi Jose Vilaboy o encargado de realizar a explicación do seu proxecto e, da man de Eva (técnica de Xaraleira), puideron coñecer este peculiar e famoso proxecto de emprendemento no rural.

Os propios presidentes de AJE Coruña e Aje Ferrolterra comunicaron o seu interese por aumentar as relacións empresariais coas iniciativas asentadas en As Pontes, que consideran un exemplo de emprendemento e de experiencia no ámbito industrial.