As Pontes, 6 de novembro| O Concello estreaba a remodelación do parque do Anguieiro nomeándoo como Parque Ignacio Echeverría, tal e como se comprometera logo do fatal desenlace da heróica actuación deste mozo nado en As Pontes, nos atentados de xuño en Londres.

Os pais de Ignacio achegáronse ata a vila onde se criara o seu fillo, e aquí estiveron arroupados por centos de veciños e veciñas, que quixeron amosar a súa solidariedade unha vez máis coa familia coa que se producían non poucos reencontros.

O alcalde pontés, Valentín González presidía un acto no que agradeceu a presenza dunha familia rota, que perde un fillo, pero deixa un exemplo, do que a nosa vila se vai facer depositaria.

Con referencias ós anos que estiveron a vivir entre nós, e ó emotivo do lugar onde quedará o nome dun neno que alí forxou, entre xogos, o carácter solidario que amosou mesmo no derradeiro momento.

“As Pontes sempre foi unha vila cuns valores na poboación que quedaron patentes en moitas ocasións. O que fixo Ignacio foi un exemplo de dignidade e entrega que ten que ser lembrado, e a xente así o manifestou coa súa solidariedade coa familia. Agora, neste parque no que el se criou, quedará para sempre o seu nome, e calq    uera neno ou nena que aquí xogue coñecerá o exemplo que nos deixou”.

O pai e a nai viviron unha xornada de moitas emocións coa volta a onde viviron unha década, e onde atoparon lugares e amigos comúns, que estaban moi cambiados, pero demostraron telos moi cercanos nos seus recordos.

O propio pai, Joaquín Echeverría, foi quen se dirixíu á xente congregada, para agradecer as mostras de cariño e reivindicou o legado que deixa Ignacio, recomendando, malia a dor que entrecortaba as súas verbas, que se siga o seu exemplo e se prante cara sempre ás inxustizas.

“ Perdimos a un hijo, y de una forma muy dolorosa. Nada nos va a curar este dolor, pero encontrarnos hoy con el apoyo y el cariño de este pueblo nos reconforta. Nos afianza en nuestro orgullo porque haya hecho lo que ha hecho, y esperamos que esta última lección de vida en la muerte sea compartida por las nuevas generaciones, que sepan ponerse siempre del lado de la paz y la convivencia.

Ese son los valoes en que mi hijo se educó aquí, y hoy agradecemos enormemente ver que esos valores están presentes en esta villa a la que tanto queremos, y que tanto afecto nos ha mostrado”.

Foron os propios pais do falecido, xunto co alcalde, os que descubriron a placa que deixa o nome dos seu fillo, Ignacio Echeverría, na nomenclatura local, para que perviva con ese nome para un parque no que tantas veces xogou e patinou.

Antonte houbo tempo para acompañar con verbas e música a combinación de dor e fachenda que se plasmaban no silencio respectuoso da xente que escoitou as intervencións, e a música que correu a cargo dunha delegación do Conservatorio, e amosou o apoio popular a esta iniciativa.

O novo parque do Poboado do Muiño, cunhas remozadas instalacións, será xa por sempre, o Parque Ignacio Echeverría.

Inauguración do parque Ignacio Echeverría