Elaboración da alfombra floral

74

As Pontes, 5 de xullo| A concellería de Cultura pide a colaboración veciñal para a elaboración  da Alfombra floral. A preparación da alfombra comeza cos traballos de picado de flor que comezan os próximo xoves 13 na AVV de As Campeiras ( Rúa Cobelos s/n).

Convídase a todos os veciñ@s de As Pontes a axudar na elaboración da alfombra floral. Para picar flor e verde o  xoves 13, venres 14 e sábado 15 a partir das 16h no Local da AVV das Campeiras (Rúa Cobelos s/n), e na confección da mesma a madrugada do domingo na Praza do Carme.

Todas aquelas persoas que queiran colaborar cun donativo para flores para a confección da Alfombra Floral en honra á Virxe do Carme pódennos deixar nas florerías, ou achegar a flor ao local da  AVV As Campeiras.