As Pontes, 3 de abril| O día 9 dará comezo “Edición de imaxes con GIMP”. O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteles sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.

Contidos:

  •  Introdución e descrición da interface grafica

• Conceptos básicos de imaxes dixitais

• Uso de capas

• Ferramentas de selección

• Uso de outras ferramentas

• Retoques que podemos facer nas nosas fotos

• Un cartel sinxelo

Montaxes simples

Edición de imaxes con GIMP

  • Datas Do 9 ó 11 de abril
  • Periodicidade Luns a mércores
  • Horario De 10:30 a 13:00

O día 17 porase en marcha o curso “Busca de emprego” de Internet. O obxectivo é dar unha visión xeral de qué podemos facer para buscar emprego usando as as novas tecnoloxías.

Contidos:

• Métodos de busca de emprego

• Portais de emprego

• Emprego público

• ETT’s e outras páxinas

Busca de emprego a través de Internet

  • Datas Do 17 ó 20 de abril
  • Periodicidade Martes a venres
  • Horario De 11:30 a 13:30

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.