As Pontes, 5 de febreiro| 6 de febreiro: Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina.

A Mutilación Xenital Feminina (MGF) contempla tódolos procedementos consistentes en alterar ou danar os órganos xenitais femininos por razóns que non teñen que ver con decisións médicas, e recoñecida internacionalmente como unha violación dos dereitos humanos das mulleres e nenas.

Esta práctica supón unha forma extrema de discriminación contra as mulleres e nenas, práctica recollida no artigo 38 do Protocolo de Estambul (Convenio do Consello de Europa sobre Prevención e Loita contra a Violencia contra as Mulleres e a Violencia Doméstica).

DATOS RELEVANTES (Fonte: ONU):

  •  A nivel mundial, calcúlase que hai ao redor de 200 millóns de nenas e mulleres mutiladas.
  • Cada ano mutílanse os xenitais de 3 millones de nenas.
  • 44millóns de nenas menores de 14 anos sufriron ablación, principalmente en Gambia (56%), Mautritania (54%) e Indonesia, onde ao redor da metade das nenas de 11 anos padeceron esta ráctica.
  • Os países coa prevalencia máis alta desta práctica, entre mulleres entre 15 e 49 anos, son Somalia (58%), Guinea (97%) e Djibouti (93%).
  • Se a tendencia actual continúa, para 2030 aproximadamente 86 millóns de nenas en todo o mundo sufrirán algún tipo de mutilación xenital.
  • A mutilación xenital feminina practícase en nenas nalgún momento das súas vidas entre a infancia e adolescencia.
  • A mutilación xenital feminina é causa de hemorraxias graves e outros problemas de saúde tales como quistes, infeccións e infertilidade, así como complicacións no parto.
  • A mutilación xenital feminina é unha violación dos dereitos humanos das mulleres e nenas.