RTVEume| O paro segue en caída outro mes máis segundo se desprende dos datos que deixan en 749 demandantes de emprego no mes de abril no noso municipio.

É a maior baixada de toda a comarca, ó pasar de 816 a 768 parados, o que supón unha reducción nas cifras de 48 persoas, case un seis por cento de baixada.

A evolución interanual segue a arroxar cifras moi positivas, ó materse a tendencia de recuperación que nos leva por vez primeira a estabilizar unhas cifras por debaixo do paro que tiñamos denantes do inicio da crise, en que partiamos con 1.079 desempregados, maís de 300 por riba das estatísticas actuais.

Podemos mesmo irnos ata os datos do 2.006 en que neste mesmo mes de abril había en As Pontes 786 persoas apuntadas ó paro.

Os logros acadados dende a concellería de  Emprego seguen a  verse con optimismo, pero coas cautelas propias da que é a principal preocupación do actual equipo de Goberno. Serven, iso si, como incentivo para seguir a traballar dende os servizos de orientación laboral, formación e asesoramento a traballadores en activo, emprendedores e empresas.

Un dato especialmente positivo dase no emprego xuvenil, que son os menores de 25 anos. En As Pontes os datos reais de paro indican que, de 768 parados, só 27 son xoves menores de 25 anos.

Tamén cabe salientar que  se racha coas estatísticas estatais, que din que históricamente o paro feminino é superior ó masculino. No Concello de As Pontes os datos están moi equilibrados e dos parados que tiñamos no mes pasado 376 son homes, e 392 mulleres. 

Tense constatado un importante incremento  de usuarios demandantes do servizo de asesoramento a emprendedores, o que demostra que esta fórmula de automemprego está pasando de ser un discurso a unha realidade e son moitos os desempregados que optan por esa fórmula como alternativa. Pero ao mesmo tempo mantense unha comunicación directa coas empresas xa instaladas ou en vías de instalación, para proporcionarlles os perfís a contratar e, o mesmo tempo colaborar nunha formación dos demandantes de emprego dirixida ós nichos laborais que podan xerar demanda.