As Pontes, 16 de xaneiro| Hoxe saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras da convocatoria de axudas ao fomento da iniciativa empresarial entre mozos emprendedores para a posta en marcha da súa idea de negocio ( LIÑA 2. PEL-EMPRENDE).

A contía dos créditos dispoñibles destinada á subvención convocada para o próximo exercicio 2017 é de 740.000 euros. Ver BOP

Tamén se convocan as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación para a creación ou ampliación do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e microempresas (LIÑA 3. PEL-PEMES).

Este programa de incentivos á contratación destina para o próximo exercicio 2017 1 millón de euros. VER BOP