As Pontes, 17 de xaneiro| O sábado 24 de febreiro, o novo disco do sempre inconformista Jairo Zabala, chega a As Pontes para mergullarnos nese universo tan especial que creou e que neste último traballo, alcanza a súa máxima coherencia e profundidade.

“O Pasaxeiro” é un disco calado, pero cheo de sons; un disco sinxelo, pero cargado de mundos. Mundos polos que Depedro viaxa como un pasaxeiro observador que goza da viaxe, aprende del, co que se transforma e transforma tamén ao que o escoita. Achegando a sinxeleza e a maxia do que non necesita palabras para transmitilo todo, onde non sobra nada. Unha linguaxe sonora e literaria único, que toca alén do cristal, falando sen andrómenas, velando pola realidade, como unha ferida aberta, con cancións por latexados que vibran para ser compartidos en calquera lugar do mundo.

O concerto terá lugar no Auditorio Cinema Alovi a partir das 21:30 horas. As entradas anticipadas teñen un prezo de 10€ e poden adquirirse no despacho de billetes do Auditorio Alovi e en casa Dopeso (de 09:00 h a 14:00 h).