[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Esta semana rematan os traballos de retirada do punto limpo dos Alimpadoiros.

O traslado deste servizo de recollida faise para liberar os terreos onde se ubicarán instalacións anexas ó circuito de karts, e levarase ata o polígono dos Airíos.

Deste xeito será máis accesible para uns potenciais usuarios habituais como serán as empresas deste parque.

O proxecto que inclúe o traslado e a nova instalación, está orzamentado en 170.000 euros, para o que se contou cunha achega da Deputación provincial que acada os 136.000 euros, o 80 % comprometido.

O novo punto limpo contará cunhas instalacións maiores que o clausurado e permitirá ós usuarios depositar os residuos especiais domiciliarios que non estean incluídos nos circuítos habituais de recollida de residuos sólidos urbanos. Ademais, a parcela tamén acollerá unha edificación para almacenamento de lixo especiais, e sumará un módulo prefabricado destinado a oficina de recepción e xestión, aseos e vestiario de persoal.

Esta mesma, semana, dende o venres deberase empregar xa o novo punto limpo, quedando clausurado o que ata agora viña prestando ese servizo. Manteranse os mesmos horarios.

Poderanse depositar os residuos nun horario de apertura que irá dende as once da mañá ás dúas da tarde, e as tardes de cinco a oito. Estes horarios rexerán entre o luns e o venres, e os sábados tan só se abrirá polas mañás, de once a dúas. En calquera caso hai tamén un teléfono de contacto, que é o 667 12 93 60.

[/fusion_text][/fullwidth]