No proceso iniciado por Europa para a prevención e control da contaminación, o vintecatro de novembro de 2010, publicase no Diario Oficial da Unión Europea a Directiva 2010/75/UE sobre as emisións industriais, na que se estabelecen os criterios sobre os que deben asentarse todas as industrias emisoras de gases de efecto invernadoiro.

Nesa liña, e baixo a decisión de que a actividade da central termica asentada na vila de As Pontes, se mantivese máis aló do ano 2020, en marzo de 2018, ENEL comunica oficialmente a intención de adaptar a UPT de As Pontes á meritada DEI, garantindo así cun investimento de 220M€,  a continuidade dun complexo que leva máis de 40 anos sendo un dos motores económicos máis importantes de Galicia, mantendo centos de postos de traballo directos e indirectos, actuando como un dos piares fundamentais do progreso socioeconómico da contorna.

O prezo dos dereitos de emisión de CO2 que se estabelecen na DEI son regulados nun mercado de negociación que nace do primeiro réxime de comercialización de dereitos de emisións do mundo, posto en marcha pola Comisión Europea no ano 2005. Un mercado aberto que permite e facilita a especulación, o que supuxo que durante o derradeiro ano, o valor da tonelada de CO2 se triplicase anulando así a competitividade das centrais térmicas nacionais, deixandoas fora do pool eléctrico peninsular.

Esta situación revirte as espectativas xeradas pola inversión que se está a realizar nas UPT adaptadas a DEI, que as ia permitir operar ata o ano 2045, creando unha situación de incerteza sobre a viabilidade e o futuro destas instalacións a curto e medio prazo.

 

POR TODO ELO, OS REPRESENTANTES DOS GRUPOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE AS PONTES, ACORDAN:

  1. Requerir do Ministerio de Transición Ecolóxica a creación dunha mesa de traballo integrada por todos os actores implicados, incluídos os concellos afectados, que permitan a exploración conxunta de medidas paliativas que garantan a continuidade productiva dos complexos térmicos en condicións de competitividade e rendibilizar as inversións realizadas nestes derradeiros anos, así como o traballo conxunto de cara a unha transición xusta para o territorio.
  2. Esixir do Comisario europeo de Acción polo Clima e Enerxía a intervención do mercado de emisións de CO2 para impedir practicas puramente especulativas que penalizan á economía galega e nacional afectando aos precios da enerxía o que vai en contra de diferentes sectores productivos de carácter basicamente industrial.