Da comezo a Campaña Vive en Igualdade por segundo ano consecutivo

118

As Pontes, 18 de decembro| As concellerías de Besnestar Social e Cultura, dan comezo á Campaña Vive en Igualdade por segundo ano consecutivo, desde hoxe ata o 7 de xaneiro, estando presente durante o Nadal.

A campaña ten a finalidade de sensibilizar á poboación na implicación activa cara a igualdade e promover cambios nas actitudes sociais cara a igualdade.

Nacida inicialmente para o comercio e hostalaría, cada ano vanse sumando máis participantes, entre os que se distribuiron materiais para poder exihir nos seus establecementos: tarxetóns en cartón de niño de abella con frases alusivas á igualdade, vinilos, chapas, servilleteiros, mandís, etc.

Frases como E ademais….agasalla respecto, ou “A diferenza entre agresión e maltrato defínea o seu obxectivo, mentras a agresión defínese pola lesión que provoca, o maltrato queda descrito por palabras como sometemento, humillación, dominio, medo, escravitude, etc., de Juan Antonio Cobo Plana, son exemplos da grande variedade de mensaxes.