As Pontes, 23 de decembro|A área de Emprego do Concello das Pontes abre o prazo de inscrición para un novo curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas. Está dirixido a persoas traballadoras desempregadas, empadroadas no municipio das Pontes.

As persoas interesadas poden inscribirse dende o luns 26 ata o venres 30 de decembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, na área de emprego municipal (baixo da Casa do Concello).

O número de prazas para esta acción formativa está limitada a 20 persoas, que serán cubertas por estricta orde de inscrición (sempre e cando  cumpran cos requisitos esixidos).

Para inscribirse, as persoas interesadas deberán acudir acompañadas da tarxeta de demandante de emprego