Recén estreado o verán seguro que máis de ún xa está programando múltiples e variadas actividades ao aire libre. E é que o ceo despexado e as boas temperaturas animan a saír á rúa, a disfrutar da piscina, do mar, do monte e a practicar deporte.

Nas Pontes levamos xa varios anos organizando clases de ximnaisa para maiores no Parque Municipal. E unha vez máis, dende a Concellería de Deportes, vólvese ofertar este programa gratuíto para os meses de Xullo e Agosto. As clases serán os luns e mailos mércores, en horario de dez a once da mañá.

Igualmente e dado o éxito acadado temporada tras temporada, o Concello de As Pontes a través do seu Departamento Municipal de Deportes, volve ofertar clases de pilates. Distinguiranse dous niveis, cun máximo de 15 participantes por grupo. Así, as clases de iniciación serán os martes e xoves, de 10:00 a 11:00 da mañá, e de 11:00 a 12:00 terán lugar as clases de pilates para o grupo avanzado, námbolos dous casos, na sala de danza da Casa Dopeso, no terceiro andar.

Se están interesados en participar nos cursos de pilates ou de ximnasia para adultos non teñen máis que telefonar ao número 981 45 26 02 ou senón achegarse ás oficinas do Pavillón Polideportivo Municipal. Ámbalas dúas actividades que se ofertan son gratuítas.