RTVEume| A Escola de Vela do clube de Vela Fluvial As Pontes vai iniciar, neste mes de xuño, as súas actividades co lago de As Pontes como escenario. Un verán máis, dende este clube deportivo, apostarase polas clases para nenos e adultos dirixidas a introducirse no deporte da vela lixeira ou tamén, as clases para aqueles xa experimentados e que desexen ampliar os seus coñecementos, aínda que tamén se ofertarán cursos de windsurf, para aqueles que prefiran a táboa.

As clases arrincarán o vindeiro día 22 e desenvolveranse durante as mañás, entre as 10:00h e as 14:00h da tarde. Ou xa entre as 16:00 e as 20:00h do serán, cun prezo de 60 euros, o que inclúe 40 horas de contidos teóricos e prácticos ademáis da licenza federativa.

Serán 40 horas de contidos teóricos e prácticos no campo da vela lixeira e do windsurf, nos que xa é posible anotarse con tan só telefonar ao 639 608 128, enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] ou ben, con tan só achegarse ata a caseta do clube de vela que xa está instalada na praia do lago.

Pero ademáis destas actividades formativas, o clube de Vela Fluvial está tamén inmerso noutro tipo de iniciativas, neste caso nunha proba que terá lugar esta mesma fin de semana, e tamén coas augas do lago de As Pontes como perfecto escenario.

Así as cousas, tanto o sábado coma o domingo poderemos desfrutar da 16ª Edición da Regata de Vela Vila de As Pontes, na categoría Vaurien e que será clasificatoria para o ranking galego de 2015.

No tocante aos horarios da proba, cada xornada desputaranse un máximo de 3 mangas que arrincarán o sábado ás 14:00h da tarde, namentras que o domingo a primeira das saídas está programada para as 12:00h do mediodía, polo que veciños e veciñas teremos un amplo abano de horarios para poder achegarnos ata o lago, e alí desfrutar da maxestuosidade destas embarcacións, surcando as augas do Eume.