As Pontes, 26 de outubro| O xoves 3 de novembro comezará unha nova actividade na aula CeMIT da casa Dopeso.

O obxectivo de “Edición de imaxes e retoque fotográfico básico” é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteles sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.

Este curso impartirase os luns, martes, xoves e venres de 10 a 12. Comeza o día 3 de novembro e remata o 15.

Contidos

•Introdución e descrición da interface gráfica

•Conceptos básicos de imaxes dixitais

•Uso de capas

•Ferramentas de selección

•Uso de outras ferramentas

•Retoques que podemos facer nas nosas fotos

•Un cartel sinxelo

•Montaxes simples

Como todos os cursos que se imparten na aula CeMIT é totalmente gratuito.

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.