A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello realizará 4 novas actividades en xuño.

Horario da Aula:

Ata o día 15 de Xuño de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30.

A partires do 15 de Xuño de 08:00 a 14:30.

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na  aula.

Curso de “Retoque e montaxe de fotografías: GIMP “:

Inicio: Martes 02/06/2015. Remate: Venres 12/06/2015.

Horario: De Luns a Venres de 11:00 a 13:00.

Horas: 18.

Curso de “Iniciación á informática: 2ª parte – Tarde“:

Inicio: Mércores 3/06/2015. Remate: Venres 12/06/2015.

Horario: De Luns a Venres de 16:30 a 18:30.

Horas: 16.

Curso de “Iniciación á informática: 2ª parte – Mañá“:

Inicio: Mércores 16/06/2015. Remate: Venres 25/06/2015.

Horario: De Luns a Venres de 11:00 a 13:00.

Horas: 16.

Pensados para as persoas que fixeron o curso anterior, nestes dous cursos  darase unha visión básica de xestión do ordenador. Algúns dos aspectos que se tratarán son: creación de carpetas, copiar, cortar, pegar e organización xeral do ordenador.

Curso  Elabora o teu CV“:

Inicio: Xoves 25/06/2015. Remate: Martes 30/06/2015.

Horario: De Xoves a Martes de 10:00 a 11:00.

Horas: 4.

Este curso de 4 horas está orientado á xente que ten dificultades na elaboración do seu Currículum. Ofreceránse unhas pautas básicas de como facer o teu propio Currículum, verase como nos pode axudar a Internet neste proceso e elaboraranse exemplos.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega, tendo como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica e empresarial e ca implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse nos cursos ou para solicitar máis información sobre eles poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

Tódolos cursos que se celebran na Aula son gratuitos.