Tres novas actividades para comezar o outono na aula CeMIT da Casa Dopeso.

Horario da Aula:

Luns a Xoves: 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 21:30.

Venres: 9:00 a 14:00

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

En outubro dará comezo, en colaboración cos servizos sociais do concello, a actividade

Tutorías para menores”. Esta actividade, para a que se reservarán 2 horas semanais todos os mércores de de 5 a 7 da tarde, ten como obxectivo que acudan os rapaces, tanto de primaria como da ESO, que ,ou ben, necesiten consultar as súas dúbidas acerca da realización de traballos, busca de información na Internet e outros aspectos que se lles demandan na súa vida escolar, ou para, simplemente, a realización desas tarefas utilizando os medios dos que dispón a aula.

Esta iniciativa prolongarase durante os meses de novembro e decembro. Neste mes, grazas tamén á iniciativa dos servizos sociais, volveremos a formar parte do programa “Hola Fabiola”. Este programa, realizado en colaboración coa fundación directa, fundación orange e Ministerio de sanidade, igualdade y asuntos sociais, ten como obxectivo promover a inclusión das novas tecnoloxías entre as mulleres inmigrantes.. Para elo ínstaselle ó uso da informática, presentándolles esta como unha ferramenta útil para a comunicación, información, emprego, integración, etc.

Ó horario deste curso será, todos o martes e xoves de 10:30 a 12:30 dende 0 20 de outubro ata o 26 de novembro.

Unha terceira actividade dará comezo en outubro, un curso de Community Manager”. Ante o auxe das redes sociais, cada vez temos máis a necesidade de saber dar unha representación adecuada de nós mesmos ou da nosa empresa no mundo de Internet para poder aproveitar todos os beneficios que isto conleva. Afondaremos nestes temas á vez que aprenderemos a utilizar as redes sociais máis populares actualmente. Está destinado tanto a particulares como empresas que desexan mellorar a súa imaxe na rede.

Ó curso de Community Manager dará comezo o día 7 e rematará o 29 cun horario de luns a xoves de 8 a 9 e media da tarde.

Dende Aula CeMIT das Pontes queremos instar a calquera que esté interesado en cursos relacionados cas novas tecnoloxías a que fagan suxerencias para a realización de novas actividades que sexan do seu interés, xa sexa a traves do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.es ou achegándose persoalmente ata casa Dopeso.

Para inscribirse nos cursos ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

Tódolos cursos que se celebran na Aula son gratuítos.