As Pontes, 26 de Outubro de 2015. A Aula CeMIT continua impartindo formación en novas tecnoloxías durante o mes de novembro

Horario da Aula

Luns a xoves: 10:30 a 13:30 e 17:00 a 21:30

Venres: 09:00 a 14:00.

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

No mes de novembro continuarán os cursos de “Programación para menores con Scratch”, onde se está enseñando os máis pequenos os principios básicos da programación informática, “Hola Fabiola”, programa formativo para aprender a usar o ordenador e a Internet, dirixido a mulleres estranxeiras residentes en España, e as “Tutorías para menores”.

Este último consiste na reserva de un día á semana, os mércores de 5 a 7, para que os cativos poidan acudir á aula CeMIT a facer actividades da escola que impliquen o uso das novas tecnoloxías. Nesta actividade aínda está aberto o prazo de inscrición.

O día 5 de Novembro comezará un curso de “Creación de tendas online con Prestashop”. Prestashop é a plataforma de comercio electrónico máis usada en España para a creación de tendas en liña, permítenos implantar, dunha maneira sinxela e gratuíta, a nosa tenda na rede, dándonos múltiples opcións de configuración para deseñar o comercio ó noso gusto. Esta actividade formativa desenrolarase dende o día 5 ata o 26, de luns a xoves de 8 a 9 e media da tarde, cunha duración total de 20 horas.

Dende Aula CeMIT das Pontes queremos instar a calquera que esté interesado en cursos relacionado cas novas tecnoloxías a que fagan suxerencias para a realización de novas actividades que sean do seu interés, xa sexa a traves do correo electrónico cemit.aspontes@xunta.es ou achegándose persoalmente ata casa Dopeso.

Para inscribirse nos cursos ou para solicitar máis información sobre eles poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

Tódolos cursos que se celebran na Aula son gratuítos.

 Descargar o programa de cursos novembro 2015: DESCARGAR