Cursos aula CeMIT: Mecanografía para nenos e creación de blogs con WordPress

333

As Pontes, 19 de xuño| Mecanografía para nenos e creación de blogs con WordPress a partires do día 26.

O día 26 comezan dúas novas actividades formativas na aula CeMIT da Casa Dopeso.

Por unha parte en “Creación de blos con WordPress” aprenderemos a crear o noso propio blog personal utilizando as ferramentas gratuítas de WordPress:

CREACIÓN DE BLOGS CON WORDPRESS

Datas

Do 26 ó 29 de xuño

Horario

De 10 a 12

Prazas

12

 

Por outra banda en “Mecanografía para nenos” ensinarase ós máis pequenos a escribir no ordenador utilizando todos os dedos da man, o que permite unha maior rapidez no uso diario de estes dispositivos.

MECANOGRAFÍA PARA NENOS

Datas

Do 26 de xuño ó 14 de xullo

Horario

De 12:15 a 13:30

Prazas

12

 

Estas actividades son totalmente gratuitas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.