Curso oficial de piloto de drone profesional dirixido a persoas traballadoras desempregadas

806

As Pontes, 30 de setembro| curso dirixido a persoas traballadoras desempregadas que organiza a área de emprego municipal.

CURSO OFICIAL PILOTO DRONE PROFESIONAL

  • DESCRICIÓN:

Co curso oficial piloto de drone profesional o/a alumno/a obterá o certificado oficial de AESA que lle permitirá actuar como operador remoto ao mando de RPAS (Remotely Piloted Aircraft Systems) de ata 25 Kg de peso, en voos con fins comerciais, profesionais, de ocio ou deportivos dentro do territorio español ou da Unión Europea.

  • OBXECTIVOS DO CURSO:

Obter o certificado oficial de Aviación Civil que permite a operación de drones complexos, incluso aqueles capaces de voar fora do alcance visual do piloto.