[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

Posta en marcha da actividade “Aprende a usar o teu Smartphone” na aula CeMIT do concello de As Pontes

Aprende a usar o Smartphone é unha actividade realizada grazas á colaboración de Amtega e a Fundación Vodafone España.

Esta actividade pretende ensinar a manexar os novos teléfonos móbiles, a utilizar as vantaxes que ofrecen na vida diaria. Está orientada a persoas maiores que teñan dificultades no uso dos teléfonos. Realizarase en horario de 11 a 1 dende o día 1 de decembro ata o día 9, cunha duración total de 10 horas. Grazas á colaboración de Vodafone contaremos con 10 terminais para a realización do curso.

Temario:

1. Que é e como é un Smartphone?

2. Acender o teléfono

3. Iconas de pantalla

4. Chamar

5. Recibir chamadas

6. A axenda de contactos

7. A cámara de fotos e vídeo

8. Escribir mensaxes

9. Conectarse a Internet

10. Descargar aplicacións

11. Aplicacións recomendadas

A aparición dos novos teléfonos móbiles “smartphones” e das “tablets” xerou un novo cambio que temos que asimilar para non quedarnos á marxe dunha serie de novos servizos imprescindibles para poder vivir con plena autonomía persoal e independencia.

As vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos para as persoas maiores son innumerables en aspectos relacionados coa súa seguridade (geolocalización, teleasistencia…), a posibilidade de gozar novas formas de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía,

TV…), maior relación cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,…), unha mellor información (noticias e prensa on-line…), aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde), e todo iso do peto ou no bolso á man, en calquera lugar e a calquera hora.

O curso é totalmente gratuíto. Para apuntarse acode a aula CeMIT do concello situada no soto da casa Dopeso.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”no” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]