[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Estamos inmersos no Nadal e, de seguro, moitos veciños e veciñas están a mercar eses primeiros agasallos que, na mañá do 25 de decembro ou na do 6 de xaneiro, asolagarán todas as árbores de nadal da nosa vila.

Colonias, bufandas ou xoguetes serán, de seguro, algunhas das apostas polas que optarán os nosos veciños e veciñas que, aínda serán máis especiais se veñen envoltas nun fermoso paquete ateigado de creatividade, lazos de cores e un papel decorativo deses que sempre chaman a atención.
E para que os nosos agasallos sexan aínda máis atractivos, ben importante é a creatividade daqueles comerciantes que se encargan de envolvelo, de ahí que, dende a asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes, coa colaboura do Concello, se esté a traballar na organización dun obradoiro de técnicas de empaquetado dirixido aos responsables do comercio de proximidade.
Da man dos artesáns do taller Coralín Colorado desenvolverase esta actividade que terá lugar durante unha semana, entre os días 30 de novembro e 3 de decembro, de 20.30 a 10 da noite, no primeiro andar da praza de abastos, onde actualmente se localiza a sé da asociación de Comerciantes e Empresarios.
Esta actividade será totalmente gratuíta para socios e terá un custo de 15 euros para aqueles comerciantes que non pertenzan á entidade. Para anotarse tan só é necesario telefonar ao 981 45 11 53 ata o vindeiro día 30 de novembro e non hai un límite de prazas.
Tamén é posible contactar coa asociación de empresarios mediante o enderezo electrónico asocempresariosdas[email protected] e anotarse ou solicitar máis información utilizando esta mesma opción.

[/fusion_text][/fullwidth]