[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Dende o departamento municipal de Emprego teñen lanzan un novo curso para o que, dende o luns será posible anotarse. Trátase dun curso de técnicas de seguridade, posicionamento e rescate para a realización de traballos en altura, de 16 horas de duración.

Un máximo de 15 persoas poderán participar nesta actividade gratuíta con tan só inscribirse dende o luns que vén e ata o venres 12, no departamento de emprego, no segundo andar da casa do Concello.

Alí será necesario entregar unha copia do curriculum actualizado do alumno, certificado de empadronamento e tarxeta de demandante de emprego. Asemade, os interesados deberán contar co curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración.

Este curso arrincará o 17 de febreiro, ás 8.30 da mañá, na aula polivalente da casa Dopeso, aínda que as clases prácticas se van desenvolver no parque de bombeiros do Eume, no polígono dos Airíos.

[/fusion_text][/fullwidth]