As Pontes, 20 de marzo| Os xoves, dende o 6 de abril ao 15 de xuño na Casa Dopeso en horario de 17:00 a 20:00 horas se levará a cabo un curso de linguaxe de signos; coa colaboración da Asociación de persoas sordas de Ferrol. As prazas para participar no curso son limitadas. O prazo de matrícula comeza o 27 de marzo no rexistro municipal, ata cubrir prazas.