O DPTO DE CULTURA / OMIX INFORMA de que o Concello das Pontes vai contar cun curso de Galego  CELGA 4

IES CASTRO DA UZ será sede dun curso CELGA 4: cod clave CL4201515070010
Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015
Horario: 20.00 a 22.00h
Días: de luns a venres
O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (PUBLICADA O 21 DE AGOSTO). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.  prazo de matrícula :  ata o 8 de setembro.
A resolución e folla de solicitude atopase na orde publicada no DOG ou ben na páxina web
As solicitudes deberán presentarse:
– preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica https://sesde.xunta.es
– opcionalmente  en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no art 38.4 da lei 30/1992 ( no Concello das Pontes contas cun servizo de Portelo  da Xunta de Galicia onde podes facer o rexistro da túa solicitude en papel).
Se desexas máis información  a cerca  da definición de contidos deste nivel podes consultala en : http://www.xunta.es/linguagalega/celga onde tamén atoparás a folla de inscripción na pestana CELGA 4