Curso de elaboración de carteis na aula CeMIT

106

As Pontes, 16 de xaneiro| O día 23 de xaneiro a aula CeMIT do concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso porá en marcha o curso de “Elaboración de carteis”. Nel aprenderemos a facer, de maneira sinxela, os nosos propios carteis publicitarios facendo usos de aplicacións gratuítas á disposición de todos na Internet.

Comezaremos aprendendo o uso básico do sofware de edición de imaxes e retoque fotográfico GIMP e acabaremos cunhas breves pinceladas do programa de debuxo vectorial Inkscape.

Elaboración de carteis

  • Datas Do 23 ó 30 de xaneiro
  • Periodicidade Luns a venres
  • Horario De 11:30 a 13:30

O grupo mínimo para a realización de estes cursos é de tres persoas. Coma todos os cursos impartidos na aula, son totalmente gratuítos.

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.