Curso de Desfibrilador DESA

164

As Pontes, 27 de setembro| Celebración dun Curso de Desfibrilador DESA que terá lugar no pavillón polideportivo municipal para o persoal das entidades deportivas nas seguintes datas e horarios:

-Xoves 26 de OUTUBRO de 16 a 21 horas

-Venres 27 de OUTUBRO de 16 a 21 horas

-Sábado 4 de NOVEMBRO en horario a determinar

Todas as persoas interesadas en asistir deberán comunícalo a través do email da entidade deportiva antes do venres día 6 de outubro.

A participación mínima será 10 persoas e a máxima 20. O curso é gratuito.