As Pontes, 22 de setembro|O Concello de As Pontes organiza un curso sobre comunicación oral para a atención ao cliente que se impartirá na Biblioteca Municipal o 8 e 15 de outubro en horario de 16:30 a 18:30h. As inscricións poderán facerse na área de emprego – Casa do Concello (Parque Municipal s/n).

FALAR CON XEITO: Curso de contidos básicos sobre comunicación oral para a atención ao público

1. Duración

Catro horas, divididas en dúas sesións de dúas horas cada unha.

2. Persoas destinatarias

Profesionais, en activo ou non, cuxo traballo implique atención ao público, tanto directa como a través de medios.

3. Contidos

— Introdución aos condicionantes da comunicación interpersoal

— Aspectos básicos para unha comunicación oral efectiva: amabilidade, claridade, estrutura, coñecemento…

— Aspectos básicos para unha comunicación non verbal efectiva: ollada, voz e comunicación corporal

Argumentación

4. Metodoloxía

Práctica. Cada sesión divídese en dous bloques:

Nun primeiro bloque: a persoa encargada de impartir o curso introduce as nocións básicas, que a seguir deben ser comentadas polo alumnado, procurando poñer en práctica neses comentarios os contidos dos que se fala.

No segundo bloque: realización de xogos de representación, por parellas, para analizar posteriormente en común. Estas representacións poden ser gravadas en vídeo, se os intervenientes o desexan, para se poderen observar a si mesmos.

5. Imparte

Xosé Antonio Formoso Lado, filólogo.