As Pontes, 6 de abril|Na segunda quincena de abril comezarán dous novos cursos na aula:

Google Apps

O día 18, ata o 27 de abril, en horario de mañá (de 10:00 a 12:00h de luns a xoves) comeza Google Apps: Uso das aplicacións Web gratuitas de Google. O obxectivo deste curso é aproveitar tódolos recursos gratuitos das aplicacións online disponibles na plataforma de Google. Vincular las plataformas Web y móvil e beneficiarse da nube de Google para realizar copias de seguridade de ficheiros, documentos, contactos…

Contidos:

  • Alta e configuración da conta de Google
  • Configuración de Gmail.•Configuración de Google Calendar
  • Configuración de Google Drive•Configuración de Google Docs
  • Configuración de Google+•Personalización de búsquedas
  • Personalización de rutas con Google Maps e My Maps
  • Uso de recursos como el traductor, libros o shopping

Creación de blogs

O día 17 ata o 27 de abril, en horario de 17:00 a 18:30h (luns, martes e xoves) comezará un curso de Creación de blogs. O obxectivo deste curso é aprender a crear o teu propio espacio na rede a través das ferramentas gratuítas que nos ofrece Google na súa plataforma blogger.

Contidos:

  • Que é un blog?
  • Distintos tipos de blog
  • Finalidades do blog
  • Ferramentas de creación dun blog
  • Plantillas predefinidas
  • Edición de contidos
  • Posta en marcha dun blog

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

 

blogs