As Pontes, 31 de outubro| A Cordenadora de ANPAS Abrente volve organizar, por terceiro ano consecutivo, o concurso de cabazas Vila de As Pontes.

A Cordenadora de ANPAS Abrente volve organizar, por terceiro ano consecutivo, o Concurso de cabazas Vila de As Pontes.

Será mañá, cadrando co festivo do 1 de novembro. A finalidade do concurso é achegar ós nenos e nenas da vila a tradición ancestral do Samaín, para o que se promove un completo programa de actividades lúdicas.

Mañá, no pavillón de Monte Caxado haberá animación infantil e musical que correrán a cargo de Ita Animación dende as cinco da tarde e ata as oito do serán.

Todos aqueles nenos e nenas que acudan a este Samaín deberán facelo acompañados dun adulto, pois dende a organización non se fan resposnables do seu coidado. O que si se pide é que se acuda, na medida do posible, ambientados para a ocasión, con disfraces ou maquillaxe.