Dende a Concellería de Turismo, Comercio e Hostalería lembramos que aínda está activo o CONCURSO DE FOTOGRAFÍA dixital #VenAsPontes

O prazo remata o día 20 de xuño, e pódense presentar ata 6 fotografías (2 por cada unha das 3 categorías): Espectáculo, Momentazo e Fotaza.

Non é necesario ser un profesional, está dirixido a todo o público. As imaxes poden ser novas, antigas e ser sacadas con calquera dispositivo (teléfono, tablet, cámara…)

Para participar simplemente hai que ir a http://www.turismoaspontes.com/venaspontes e subir as fotografías.

Haberá 6 premios, cada un por un valor de 100€ para consumir no comercio e hostalería das Pontes. Tamén haberá cestas de produtos gastronómicos.