As Pontes, 28 de outubro| Organizado pola Concellería de Cultura do Concello de As Pontes, este sábado 29 de outubro ás 22.00 horas, baixo carpa e de balde, na praza do Carmen de As Pontes, concerto da banda internacional MARCOS COLL BAND & NINA HILL. (soul&rithm&blues).

 Este concerto forma parte das actividades que a Concellería de Cultura de As Pontes fará durante a tradicional XXVII Feira de Fungos e Cogomelos. Concertazo de luxo, con una das mellores bandas de rithm&blues de Europa. Actuarán na compaña das bandas galegas Escuchando Elefantes e The Lákazans, por este orden:

 

  • 22.00 h………….. Escuchando Elefantes
  • 23.00 h………….  Nina Hill & Marcos Coll Band
  • 00.30 h…………  The Lákazans

 

Despois do  magnífico concerto  que realizaron no Teatro Jofre de Ferrol a principios do mes de maio, colleitando un enorme éxito,  chega desde Berlín (Alemania) ao Concello de As Pontes unha das bandas máis internacionais do mundo do blues, tanto pola nacionalidade dos seus componentes como pola  cantidade de países do mundo donde actuaron. Falamos da MARCOS COLL BAND & NINA HILL , capitaneados polo galego Marcos Coll (Los reyes del K.O) e tendo como artista invitada a veterana blueswoman Nina Hill, complétase a formación con destacadísimos instrumentistas de fama mundial no selecto universo do blues ( Missisipi, ragtime, Chicago) co veterán baixista Daryl Taylor, outra lenda dos escenarios…

 Formación: 

  • NINA HILL………………………………………………….. VOZ…………….(Los Angeles, California))
  • MARCOS COLL…………………………………………ARMÓNICAS ….(Santiago de Compostela)
  • DARYL TAYLOR………………………………………. BAIXO e VOZ …. (Houston, Texas)
  • STEPHANO RONCHI………………………… GUITARRA e VOZ… ( Italia)
  • CARLOS DELALANE………………………..        BATERÍA e VOZ …….  ( Mozambique)

Instrumentistas de primeiro nivel, galardoados cada un deles na súas carreiras, xúntanse para dar concertos únicos… unha verdadeira masterclass do mellor blues feito en Europa.