As Pontes, 13 de decembro| Concerto de Shirley Davis & The Silverblacks este sábado, 17 de decembro, ás 20:30h no auditorio M. Cine Alovi.

A historia de Shirley Davis é das máis sorprendentes da música. A vida desta cantante inglesa afincada en Australia deu un xiro en Madrid, nun concerto de Sharon Jones. Davis subeu a cantar xunto á gran diva do soul e a súa forza cautivou á xente. Dende entón veu a España para gravar un álbum xunto a The Silverbacks.

Venta de entradas na taquilla do Auditorio:

Venres 16 de 12:00 a 13:30h

Sábado 17 de 12:00 a 13:30h e dende as 19:00h.

Prezo: 3€