[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Este mesmo sábado arrinca a programación musical de inverno proposta pola Concellería de cultura, un ciclo de catro actuacións musicais do máis diversas que, dende a concellería que dirixe Sonia Sueiro intentarán lograr atraer a público de todas as idades e gustos musicais ata as dependencias do auditorio municipal Alovi.

Para a estrea deste sábado teremos ao músico de Laxe Pepe Piña, que traerá ata a nosa vila as composicións incluídas no seu último traballo discográfico: Con el paso cambiado, ás que se sumarán tamén as súas propias reinterpretacións do gran Silvio Rodríguez.

Pepe Piña visitará o escenario do auditorio municipal Alovi na compaña dun grupo de músicos integrado por Ale Cambón no baixo, Bruno Couceiro na percusión, Miguel Martínez cos instrumentos de vento e o propio Piña guitarra e voz.

O concerto de Pepe Piña está programado para as 9 da noite do sábado aínda que xa o venres nos poderemos facer cunha entrada a un prezo de 6 euros na billeteira do Alovi, entre as 12 e a 1.30 da tarde. O mesmo día do concerto tamén será posible mercar unha localidade a 6 euros dende as 19.30h e ata o inicio do espectáculo.

Web oficial: http://www.pepepina.es/

[/fusion_text][separator style_type=”none” top_margin=”30″ bottom_margin=”30″ sep_color=”” border_size=”” icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” class=”” id=””][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]