As Pontes, 15 de xullo| O primeiro curso musical Vila de As Pontes, organizado pola Banda Cultural e Recreativa coa colaboura do Concello de As Pontes, pechaba onte as súas portas e por todo o alto, da man dun concerto no que mestres e alumnos compartiron escenario cun fermoso recital que deu boa conta do aprendido durante estes catro intensos días de traballo.

Como colofón nada mellor que ver acreditada esta experiencia da man dun diploma que estes xoves artistas recibiron da man dos que, nestes días, foron os seus mestres e ata un agasallo, neste caso por parte do Concello que estivo representado polos edís de Cultura, Educación e Turismo.