Concentración para gardar un minuto de silencio contra a violencia de xénero

25

As Pontes, 19 de xuño| O Concello das Pontes convoca unha concentración para gardar un minuto de silencio, hoxe, martes 19  de xuño, ás 12:00 horas diante do Concello para manifestar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero, tralos últimos asasinatos cometidos en Porriño, Badalona e Guadahortuna (Granada).