As Pontes, 19 de outubro| O Concello de As Pontes mantuvo unha xuntanza co xerente da área sanitaria de Ferrol referente ás deficiencias do centro de saúde pontés.

Logo de este verán o centro de saúde de As Pontes viuse afectado pola falla de cobertura das baixas producidas no PAC, dende o goberno local reclamouse en reiteradas ocasións á Xerencia de zona da Consellería de Sanidade que subsanara as deficiencias no servicio do centro.

O xerente da área, Ángel Facio, recoñecía que por mor de cadraren as baixas de varios facultativos co período vacacional houbera dificultades no servizo, e engadiu que se tratara dunha situación puntual por mor do periodo vacacional, e que actualmente os servizos que ofrece o Punto de Atención Continuada de As Pontes volveron á regularidade.

O goberno local insistiu na problemática existente co servizo de pediatría, que actualmente está cuberto de xeito provisional por tres profisionais que estan a acudir rotatoriamente a varios centros, entre eles o pontés.

Dende a Xerencia fíxose fincapé en que era algo transitorio ante a carencia de especialistas, asumindo o compromiso de que no vindeiro mes de novembro se recuperaría a normalidade, coa incorporación dun pediatra a tempo completo.

Canto á demanda de xenecoloxía, informábaos tamén que esa especialidade non se contempla nos PACs, pero si se contará con matroa definitiva, que atenderá as consultas e citoloxías.

Igualmente reclamábase da Xunta que asumise as melloras que xa se progaramaran dende o Concello e que agora lle competen o SERGAS, ó asumir o PAC.

Neste senso acadábase o acordo de mellorar as instalacións da planta baixa do edificio na que se atopa o servizo de fisioterapia e rehabilitación, así como de dotar o centro cun novo equipo de ecografía de última xeración.

Nos vindeiros días terá lugar unha xuntanza entre o Concello e o novo coordinador do centro de saúde pontés,nombrado fai escasos días, para estar logo en contacto permanente e velar polo correcto funcionamento de tódolos servizos do centro.