As Pontes, 13 de novembro| Unha concentración cun minuto de silencio en sinal de solidariedade coa familia da nena morta en Valencia, e como condea deste feito.

En once meses levamos xa seis nenos asasinados a mans dos seus pais ou as parellas das nais, que non dubidaron en rematar coa súa vida para facerlles ás nais o maior dano posible.

A violencia machista deixou tamén a case 200 nenos orfos dende o 2.013.

A resposta dende o Concello pontés, diante deste crime de Alzira que custou a vida dunha nena de tan só dous anos, volveu ser a mesma que se manterá diante de calquera atentado machista con resultado de morte. Unha concentración perante o edifício do Concello.

Debemos lembrar que diante do primeiro asomo de violencia de xénero podemos buscar apoio no 016, un número que non deixa pegada na factura.