O Concello pon en marcha as obras na Avda da Fábrica

133

As Pontes, 27 de outubro| O Concello puña en marcha as obras na Avda da Fábrica que van mellorar o saneamento na zona.

Logo de ter acometido as melloras nas redes de saneamento tanto na Avda da Habana como na mesma Rúa da Fábrica, agora toca empatar as dúas con creación tamén de novos pozos de pluviais.

O obxectivo desta actuación é un aumento da sección para a mellora da evacuación cunha nova separativa.

Deste xeito quedaría solventada calquera deficiencia do saneamento nunha zona completamente remozada xa neste eido.

A empresa Huso 29, encargada de desenvolver estes traballos verase obrigada a cortar o tráfico nun pequeño treito mentres dure a actuación.

A Concelleira de Participación cidadá, Montserrat García comprometíase a que o corte de tráfico tivese a menor incidencia posible. “Lamentamos as molestias que se ocasiona ós veciños, que non poderán acceder directamente a esta zona da Fraga, pero axilizaranse no posible os traballos, que son precisos para optimizar o novo saneamento nesta zona da vila. De calquera xeito, haberá traxectos alternativos, convintemente sinalados e habilitados”.

A partir do luns, entre a Rúa da Fábrica e o acceso á Fraga a carón do pavillón municipal, cortarase o tráfico viario, tentando que esta suspensión dure o menos posible.