O Concello de As Pontes vai acometer unhas novas obras no cemiterio de As Campeiras.

133

As Pontes, 30 de outubro| Logo dos traballos de remozado no interior, agora tocará actuar sobre o muro.

En previsión das moitas visitas que se producen nestes días, por mor da festividade de defuntos, decidíase agardar ó paso destas datas para principiar a nova actuación.

Tocará facer labores de mantemento e mellora do muro exterior.

Os traballos adxudicados consisten no picado de mantemento da parede que rodea o camposanto e o seu posterior pintado.

Esta nova actuación completa as xa concluídas coa remodelación dos baños e, sobre todo a intervención na capela da entrada.

Nesta edificación houbo que cambiar a cuberta, xa moi deteriorada e que se remozou completamente garantindo a seguridade ó tempo que se incidía nesta mellora estética do vello cemiterio que segue a ter moito uso.

Proba delo foi esta fin de semana en que moitas familias acudiron visitar as tumbas dos seus seres queridos, adiantándose ó que vai incrementarse nos primeiros días desta semana, ata chegar ó mércores, día de defuntos.