O Concello de As Pontes segue co plan de asfaltado das rúas do casco urbán, e hoxe sumábanse novas intervencións.

196

As Pontes, 13 de novembro| Principiaban hoxe mesmo os traballos de renovación do aglomerado nas rúas Viveiro e Capela ata o punto onde se encontran estas dúas vías. Alí xuntaranse tamén co treito da Rúa Capela, outra infraestrutura vial na que se está a realizar a mesma intervención.

Con este paquete de obras de mellora vila preténdese frear o deterioro lóxico do pavimento polo uso destes firmes, agora renovados.

Seguirase informando pormenorizadamente das novas actuacións en cada treito concreto da vía pública a fin de ocasionar as menores molestias posibles á veciñanza.

Así, no caso das desta xornada, que supuxeron a suspensión da circulación e o aparcamento, mañá recuperarán a normalidade no tráfico e a habilitación dos aparcadoiros.