As Pontes 18 de Setembro do 2017

O Concello de As Pontes e a Asociación de Empresarios SEARA rubricaron hoxe o convenio de colaboración polo cal a entidade pontesa contará cunha subvención nominativa de 20.000 euros, que servirá para sufragar diferentes actividades ao longo dos vindeiros meses.

A Asociación de Empresarios SEARA, é unha entidade sin ánimo de lucro que naceu no ano 2002, de carácter multisectorial e formada por empresas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. O seu obxectivo é a dinamización empresarial do territorio, fomentando os valores da cultura emprendedora e servir de núcleo de unión entre tódolos empresarios da zona.

A primeira tenente de Alcalde, Montserrat García, e o presidente de SEARA, José Castro, foron os encargados de rubricar esta colaboración que, o pasado mércores, recibía luz verde en sesión plenaria cos votos a favor do grupo do goberno e a abstención de Xuntos por As Pontes e o BNG.