As Pontes, 19 de outubro| O Concello de As Pontes abría ó tráfico a Avenida Castelao, logo do peche das últimas datas motivado polo acometemento das obras de mellora nesa vía.

Logo do remate da colocación do novo firme e as melloras na canalización houbo que agardar ó subministro dos elementos de mobiliario urbano incluídos no proxecto para unha apertura que xa é efectiva.

As novas farolas foron as que máis se retrasaron no subministro comprometido, pero unha vez recepcionadas a instalación e posta en funcionamento axilizouse e podemos volver empregar esta vía céntrica que tivemos que evitar no último mes cun itinerario alternativo.

As obras de mellora da accesibilidade e pavimentación na Avenida de Castelao comprenderon un tramo que vai dende a plaza do Hospital ata a biblioteca para conectar coa Avda. da Coruña.

Esta actuación, asumida con achegas da Deputación Provincial, a cargo do PAS, permitíu seguir na liña de remodelación integral do centro urbán, que segue así o trazado fixado.