O Concello dará mañá a benvida ao Nadal co acendido do alumeado e a actuación da compañía Galtük

170

As Pontes, 7 de decembro| Conta atrás para que o Nadal tome oficialmente as nosas rúas e a nosa actividade diaria e é que, un ano máis, o Concello de As Pontes está a idear un pistoletazo de saída para estas festas por todo o alto.

Unha programación do máis intensa onde non faltará a música, o cine, as actividades culturais de todos os tipos, o deporte e, por suposto, a diversión para pequenos e adultos grazas a catro semanas onde non teremos lugar para o aburrimento.

As concellerías de Hostalería, Comercio e Turismo e Cultura volven unir esforzos e traballo para crear unha programación apta para todo tipo de públicos e na que As Pontes se volve convertir no emprazamento perfecto para desfrutar destas festas, tal e como apuntou a edil de Turismo, Ana Pena.

Un dos principais atractivos volve ser o acto de acendido do nadal pontés, unha actividade que poderemos vivir mañá dende as 19.00 horas, diante da Casa do Concello, rde e na que poderemos desfrutar, un ano máis, do poboado de nadal, a pantalla de realidade aumentada e, como novidade, o espectáculo circense da compañía Galtuk.

Por suposto, regresarán dous dos principais atractivos destas festas: a pista de xeo e o tren turístico, dúas actividades que gañan en popularidade e que xa se están a converter nun clásico, como apuntou Ana Pena que, subliñaba que dende o executivo local trabállase ano tras ano para lograr facer da nosa vila un punto de diversión para veciños tanto de As Pontes coma dos concellos da contorna.

Pero ademáis de todas estas actividades, o nadal pontés terá moito máis que ofrecer para veciños e visitantes de todas as idades: concertos de grupos locais e de formacións foráneas, cine comercial do máis recente, exhibicións deportivas, teatro e , por suposto, a visita dos reis magos o 5 de xaneiro son algúns dos alicientes que, de seguro, farán do nadal pontés a mellor alternativa para vivir estas festas.