As Pontes, 2 de febreiro| O Concello de As Pontes acometerá nas vindeiras datas unha serie de actuacións por importe de case un millón de euros.

Esta cifra despréndese da aprobación de diferentes adxudicacións de obras que sobre todo redundan en intervencións viarias que melloran a accesibilidade e humanización dos espazos urbáns seguindo unha mesma liña, estética.

A mellora de pavimentación e servizos na Avda de Galicia, na primeira fase, cun montante de 176.821´70 € , adxudicada á empresa local Canosa S.L suporá dar continuidade ó proxecto de humanización do centro, no treito que vai da Praza do Hospital ata a Rúa Alexandre Bóveda.

Esta actuación, que comezará en breve, asumirase con cargo ó Plan de Obras e servizos de competencia municipal e e Plan único dos Concellos do 2017.

A Concelleira de Participacón cidadá e Tenente de Alcalde, Montserrat García, facia fincapé en que se poñerán todos os medios necesarios para que  a obra se desenvolva coas menores molestias posibles para a veciñanza.

“Estamos a falar dunha arteria principal, e trataremos de coordenala coa policía local e a propia empresa adxudicataria para evitar na medida do posible as molestias   a veciños e usuarios”.

Tamén se deu o visto bo á adxudicación á mesma empresa do contrato da obra “Acondicionamentode parcela para zona de ocio e esparexamento na Rúa Ramón Cabanillas, o que tamén se levará acabo confondos do 2017 do Plan único de Concellos mailo Pos. Neste caso o montante é de 128.328´32 €.

Suporá a demolición do antigo edifício do Mercado Vello onde se vai facer unha zona de esparexemento provisional, xa que logo derivará no proxectado edificio multicultural para esta ubicación.

Montserrat García anunciaba a despedida da vella sala de mostras “O Mercado Vello cumpríu un salientable papel acollendo mostras de todo tipo nestes anos e queremos darlle unha  última mostra con dúas entidades locais. Amigos da madeira e artpo protagonizarán a última exposición cadrando coas datas da Feira do grelo e o entroido, e para a finais deste mesmo mes xa se procederá á demolición”

Asi mesmo ven de aprobarse, a reparación e mellora do firme en Caxete e Terbá, dos que se vai facer cargo a empresa Villasuso Ortegal.

A esta obra, e dos mesmos fondos que as anteriores adicaranse 23.595 , cun prazo de execución dun mes.

Tamén se actuará na Rúa Chamoselo con 114.420 € reservados a mellorar a funcionalidade, estética, e accesibilidade desta vía, do que se encargará a empresa Oviga S. L.

Entre a gasolineira e o acceso á vía romana mellorarase esta rúa,  moitas demandada Pola veciñanza  e a propia asociación de vecinos, e que tralas xuntanzas mantidas con eles consensuouse facela de dirección única en aras de garantir a seguridade e mellorar o aparcamento.

Unnha das obras máis agardadas e o novo campo artificial para fútbol e rugby , que dará comenzo tamén a finais deste mesmo mes de febrero, e que foi adxudicada a empresa Alvac . Contará cun orzamento de 463.936´48 € para a realización dun campo homologado para a práctica destas dúas disciplinas deportivas cun garnde arraigo na vila.

Montserrat García amosábase especialmente satisfeita con esta adxudicación. “Era unha vella demanda que por fin podemos cumprir ó poder actuar nos terreos do Poboado. Contaremos cun terreo de xogo de primeiro nivel coas características de homologación grazas á instalación  dun sistema de pavimento deportivo que posibilitará a práctica das especialidades de rugby e fútbol”.

Con estas achegas dos Plans da Deputación e as adxudicacións realizadas sumaranse 907.101, 5 € investidos nunha serie de obras que van comezar xa antes de finais deste mes.