27 de outubro| Esta fin de semana será tamén de compras e con descontos moi especiais, os que fixa o MOVA, a grande feira do comercio local para a venda de produtos a prezos moi vantaxosos.

Ata 24 establecementos diferentes estarán na carpa que se instalará o venres e sábado na Avenida da Coruña.

Record a nivel de participación e tamén algunhas novidades xa que ademáis das tradicionais tendas de roupa, calzado, deportes, agasallos ou servizos, teremos florarías entre os postos que integrarán este MOVA 2017, onde se contará coa presenza de cinco comercios que se estrean nesta cita.

Grande esforzo dos comerciantes locais e tamén do equipo organizativo que, unha vez máis, está comandado pola concellería de hostalería e comercio, mediante o Instituto pontés de promoción económica, e a Asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios Cohempo.

A Avenida da Coruña volverá ser o escenario dunha cita que abrirá as súas portas en horario de 10 a 7 da tarde, tanto o sábado coma o domingo, e no que volverá haber premios para os que realicen algunha compra. De feito, durante a fin de semana, sempre ás 6 da tarde, se celebrarán seis sorteos de 100 euros en cheques de compra para gastar no propio Mova.

Para amenizar a xornada de compras tamén se contará coa música do grupo de Batukada Batería de Cariño e mesmo, entre os clientes, visitantes e curiosos poderemos atopar a nova mascota do comercio local e que xa se presentara o pasado mes de maio, ao abeiro do desfile Móvete por As Pontes.