O Concello de As Pontes presenta a campaña de Nadal “Compartimos unha terminación, compartimos ilusión”

257

As Pontes, 29 de novembro| O Concello de As Pontes presentaba este mediodía unha nova campaña de Nadal, que se denomina “Compartimos unha terminación, compartimos ilusión”.

Sete Concellos da mesma área de influencia participarán nesta iniciativa. Os de San Sadurniño, A Capela, Muras, As Somozas, Xermade, e Moeche, xunto co noso.

Trátase de procurar aumentar as posibilidades de que alguén desta contorna poda ser agraciado cun premio grande da lotaría do Nadal, e que ese premio, de darse chegue ó maior número de xente posible.

O Concello de As Pontes terá adxudicada a terminación cero nun reparto de sete terminacións, do cero ó seis, para cada un dos sete municipios.

Quen acuda á Administración La mina de oro, que é a que puxo en marcha este proxecto, poderá solicitar os décimos que desexe desta campaña “Compartimos unha terminación, compartimos ilusión”, e entregaráselle un sobre cun décimo dentro, ó mesmo prezo de 20 euros, pero que terá a terminación en cero.

Nesta vila, o sobre inclúe unha imaxe do lago como identificativa da campaña, de feito que ó vender estas participacións, e sobre todo, pensando en quen veña mercalas de fóra, cumprirarase tamén co obexctivo da promoción da localidade.

Anque que acuda mercar a súa participación para o Gordo do Nadal terá ó seu dispor todos os números cos que conte este despacho, se o que quere é participar na campaña posta en marcha terá que indicalo e entregaráselle o sobre co seu décimo, para ser parte deste proxecto que persegue incrementar as posibilidades, ata un 60% de que un dos cinco primeiros premios quede na comarca, e específicamente en As Pontes.

A Concelleira de Participación cidadá, Montserrat García, e o responsable de “La mina de oro”, Pablo daporta, presentaban este mediodía esta campaña que xa está en marcha, cos décimos xa á venda, e que garante que compartiremos terminación, e por tanto posibilidades de premio.