As Pontes, 23 de outubro| A pasarela de madeira dificultaba a accesibilidade, malia terse instalado unhas novas táboas menos deslizantes, e agora traballarase para realizar unha actuación que faga asequible o acceso e a circulación por este céntrico parque ubicado en fronte á piscina municpal e de moito uso para o esparcemento.

Os case 60.000 euros que se destinarán a esta actuación servirán tamén para remodelar as beirarrúas e pavimentos da zona, e dotar toda a zona dun novo alumeado.

O novo paseo e as melloras no acceso ó propio parque atenden tamén a unha demanda concreta dos usuarios do centro de día. Contaban con este parque xusto en fronte ás súas instalacións, pero o acceso non era seguro para xente con dificultades de mobilidade, algo que quedará subsanado coa actuación fixada polo goberno local.